Nas xornadas de Andar o Mar tomamos contacto con xente moi preocupada ca conservación do patrimonio marítimo, e pensamos que sería mui interesante intentar construir unha lancha do xeito que foi a embarcación mais emblemática da nosa zona, usada durante muitos anos na pesca da sardiña.

Así que puxemonos mans a obra, e un ano despois de todo esto, votamos o mar en Cabo da Cruz ( Boiro) esta marabilla de barco que tendes aquí o lado.

Dentro desta nova dinamica mariñeira na que entrou a asociación afiliámonos a federación galega pola cultura marítima e fluvial, sendo ahora un total de cuarenta e duas asociacións as que estamos pelexando para que o noso patrimonio non se perda..Tanto a nivel de embarcacións como de que as institucións tomen conciencia da gran riqueza cultural que temos arredor de este noso mar que tanta fame nos matou.







  • Galería Completa

  • Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial


  • Asociación Cultural Canle - Lira
    info@accanlelira.org